venres, 13 de novembro de 2020

PLÁSTICA: VENRES, 13 DE NOVEMBRO DE 2020

Como sabedes a semana pasada en Plástica inventamos con obxectos debuxos que os acompañaban. Pois hoxe en Plástica debedes facer o mesmo pero cunha castaña e/ou calquera outra cousa que teña que ver co outono ou a festa do Magosto (exemplo: folla de outono dalgunha árbore daquí, landra (bellota en castelán),...). Preferiblemente sería mellor facelo cunha castaña. Se non tiveses nada disto cerca, sempre podes facer un debuxiño do obxecto. Ollade os exemplos que fixen hoxe mesmo para vós cunhas castañiñas que un día me trouxo un de vós a clase. A ver que se vos ocorre! E dande renda solta á vosa creatividade como artistas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...