1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
E en Ciencias sociais tamén falamos das nosas festas e tradicións. Como sabedes esta semana tratamos o Magosto e a historia da castaña. Resulta que as castañas antes das pataquiñas e millo eran a comida básica das aldeas galegas e sempre se fai unha festa na que se asan castañas nestas semanas.
E nós somos terra de castañas, de feito perto temos o castiñeiro de Pumbariños que está no Souto de Rozabales en Manzaneda (localización). Este castiñeiro leva en pe un montón de anos, a ver se descubres cantos! Animádevos a visitalo nesta fin de semana ou calquera outra quenes podades e a compartir unha fotiño conmigo ou mesmo a facer un pequeno Magosto entre os que estades na casiña convivindo.
Mentres, vede este vídeos que nos explican a historia da castaña e podedes facer esta fichiña sinxela de vocabulario e tras completala debuxar un castiñeiro (buscade na rede castiñeiro de Pumbariños e xa tedes un para ir vendo e debuxalo).
Respecto da ficha, se algunha palabra non entendedes, podedes buscar o seu significado neste dicionario Dicionario da Real Academia Galega
E aquí vos deixo a ficha e viva o Magosto!
Ficha. Vocabulario. 1º e 2º EP
Ningún comentario:
Publicar un comentario