venres, 11 de setembro de 2020

MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2020-21



Queridas familias:


Sei que dende marzo todas as nosas vidas cambiaron e comezamos a ver todo de forma distinta. Dende aquí quero transmitirvos confianza e seguridade para dicir que agardo que este curso deixe bos recordos e que oxalá a educación abra moitas portas e ventás ante situacións como as que estamos vivindo, e que para elo conto con vós tamén. 

 

Polo demais paso a recomendar a adquisición do seguinte MATERIAL:

-   1 estoxo: e dentro 2 lapis, 1 goma, 1 afilalapis, 1 bolígrafo azul, 1 bolígrafo verde, 1 pegamento, 1 tesoiras e 1 regra pequena.

-       1 caixa de rotuladores.

-       1 caixa de ceras duras de cores.

-       1 caixa de lapis de cores.

-       1 caixa de témperas de cores variadas.

-       3 cores de plastilina diferentes, das cores que prefirades.

-       2 cadernos pequenos de grampa e dobre pauta (1 para Lengua e Lingua, 1 para Relixión e/ou Valores)

-       1 caderno pequeno de grampa e cadro grande (para Matemáticas)

-       1 carpeta tamaño folio (para gardar as fichas)

-       1 mascarilla posta e 1 de recambio gardada nunha bolsa, sobre,… dentro da mochila nun lugar localizable (ambas con identificación, podedes pórlle o nome por dentro).

-    1 cantimplora pequena que irá e virá na mochila con auga, zume,… (é preferible para coidar o medio ambiente a unha botella de plástico, podendo reutilizarse; pero se non é posible, pódese traer botella de plástico).

-       
1 gorra (para o patio exterior para cando faga sol e así protexer a cabeza).

-       Os libros que aparecen publicados na web do colexio.

 

IMPORTANTE: pórlle nome a todo ó material e aproveitar o que sobrou do curso pasado se se atopa en bo estado. 

 

 

 

 

 

 

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...