*Durante estes días atrás, algúns pais e nais me pedistes recomendacións de libros para o fomento da lectura en galego no fogar, así que decidín compartir con todas as familias da aula amarela o listado.
É importante aclarar que cando decidades seleccionar algún, antes haberá que considerar o nivel de lectura de cada neno/a, sendo recomendable antes de mercalo achegarse ás librarías e visualizalos co neno/a, atendendo ás características individuais (ritmo lector, recoñecemento de letras,…) , para así poder elixir o máis axeitado ás súas características propias, gustos e intereses.
Agardo que vos sexa de utilidade!
Libros:
-Aguilar, L. Orellas de bolboreta. Kalandraka.
-Alejandro, R. A horta de Simón. Kalandraka.
-Merlán y Gómez, P. A troglodita. Triqueta verde.
-Mejuto, E. A casa da mosca chosca. Kalandraka.
-González, O. Chibos chibóns. Kalandraka.
-Lorenzo, C. e Campos, J. Atlas de Galicia pequeniña. Aira.
-Stewart, L. Na procura da illa do Tesouro. Triqueta verde.
-Doyle, M. O Castelo do Barallete. Vicens Vives.
-Bellón, T. E Sánchez, G. A vaca dixo mua. Santillana.
-Casalderrei, F., Cando a terra esqueceu xirar. El barco de vapor: sm xerme.
Cantini, B. Colección de libros de Mortiña. Hércules de ediciones.
-Costas, L. Colección de libros de Minimortos. Xerais.
Cómics:
-Laperla, A. Colección de Superpataca. Bang ediciones.
Poesía:
-Alonso, F. O meu gato é un poeta. Xerais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario