martes, 3 de novembro de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: MARTES 3 DE NOVEMBRO DE 2020

 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

E hoxe toca ver os elementos da rúa. É importante que estudes este vocabulario e aprendas cada unha das palabras.

Logo poderás facer os exercicios 1-3 da páxina 68 e 69 do libro de Xuntos. Serás quen de aprender as palabras novas?


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

E hoxe toca repasar a páxina 30-31 do libro de Xuntos. Tes que ler de novo o texto escrito e logo collerás un sobre de cartas. 

Co tempo aprenderemos a escribir cartas bonitas a amigos/as, familiares,... que estén lonxe. Se non tes ningún sobre por casa, ímos aprender a montalo cun folio. Xa verás que divertido! Iso si, ten paciencia,...

Aquí vos deixo algún vídeo de exemplo! serás quen de facelo? Pensa que non ten que quedar perfecto. Logo cando teñas o sobre tocará pór a dirección. 

No rectángulo grande por fóra porás a quen se Destina/Envía coa súa dirección (nome e apelidos, lugar onde vive esa persoa). Por exemplo: Anxo Fernández Rodríguez, Rúa do Misterio, Nº2, CP: 32760 Castro Caldelas (Ourense). E logo na solapa que ten forma de triángulo pomos o Remitente/Quen o envía que sería a túa dirección (Nome e apelidos e o lugar onde vives). Para esta tarefa podes pedir axuda á túa familia que seguro que na súa xuventude escribiu moitas cartas bonitas e incluso poden ensinarche algunha que teñan por casa da súa xuventude. Xa teño gañas de ver esas fotos dos vosos sobres.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...