martes, 3 de novembro de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA: MARTES, 3 DE NOVEMBRO DE 2020

 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

A saúde é moi importante e debemos aprender a coidala. Na páxina 64 e 65 do libro verás diferentes ideas para coidala. Debes ler e facer o exercicio 1 en ambas páxinas. Antes tes que ver este vídeo onde se explican hábitos saudades como comer de todo, asearse, facer deporte e descansar. 



2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

E hoxe toca coñecer a pirámide alimenticia. Para elo é importante que leas a páxina 27 e repases a lectura da 26. Debe facerse o exercicio 1 en ambas páxinas. Tamén debes coller un folio e doblado pola metade e pór na portada Tema 2 e logo por dentro na páxina da esquerda debes pór o título da páxina 26 (A saúde. Hábitos saudables) e copiar o que está nos diferentes puntos (Comer alimentos sans e variados. Facer exercicio físico. Descansar o suficiente. Cuidar a nosa hixiene personal). E na páxina da dereita debes pór o título da páxina 27 (Unha boa alimentación) e logo copiar a pirámide alimenticia e pórlle o nome ós alimentos que aparecen na mesma).

E non te esquezas que antes de facer isto debes ver o seguinte vídeo onde se explica como é a pirámide alimenticia.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...