xoves, 5 de novembro de 2020

LINGUA: XOVES, 5 DE NOVEMBRO DE 2020

 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

E seguimos coa letriña N, para elo no libro de Lingua, na páxina 66-67 tes os exercicios do 1-6 para practicar. E non te esquezas de seguir debuxando no aire a letriña que aprendemos.


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

E hoxe en Lingua toca aprender vocabulario. Novas palabras relacionadas cos utensilios para poder comer e tamén dalgunhas comidas. Seguro saberás que garfo (é tenedor en castelán), culler (cuchara), coitelo (cuchillo),... Agardo que ademais de facer os exercicios da páxina 45 sexas quen de aprender estas palabriñas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...