1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
Hoxe toca a lectura do Frautista de Hamelín. Neste audiovisual tedes o conto tamén contado por se o queredes escoitar. Ben seguro que vos gustará. Tras a súa lectura na páxina 62 e audición debes realizar os exercicios da páxina 63 do libro de Puntos-Lingua.
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
E hoxe toca seguir aprendendo a escribir ben. Ímos ver o signo de interrogación ? que se usa para facer preguntas e o da exclamación ! que se emprega para expresar alegría, sorpresa, dor,...
Lembrade que en Lingua galega só se poñen ó final da frase. Podedes ver o seguinte vídeo que vos axudará a entender mellor que é isto de preguntar (oracións interrogativas) e exclamar (oracións exclamativas). E pensa que despois dun signo de interrogación ? ou de exclamación ! non se pon punto porque xa o levan os propios signos e tamén que se pronuncian dun xeito diferente.
Tras velo é importante que realices os exercicios da páxina 49 do libro de Juntos-Lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario