venres, 6 de novembro de 2020

LECTURAS: VENRES 6 DE NOVEMBRO DE 2020

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Esta semana tivemos lecturas sobre os medos pero tamén é importante que aprendamos a relaxarnos, respirar, relaxarnos,... 

Sei que estar por casa e na distancia non está sendo de todo fácil, así que me gustaría que escoitárandes atentamente este libro e que fagades os exercicios que se vos proponen. 

Tras escoitar o libro podes debuxar nun folio as diferentes formas e posturas que podemos pór para relaxarnos. E non te esquezas de pór o título do libriño e o nome de quen o escribíu. Xa verás que divertido,... e pensa, seguro que ti tes moitos trucos e formas de relaxarte. Estou segura!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...