martes, 7 de setembro de 2021

MATERIAL PARA O INICIO DO NOVO CURSO 21-22




Queridas familias:

Preséntome, son Jennifer, a titora de 1º e 2º de Educación Primaria; e agardo que este curso deixe bos recordos e que oxalá a educación abra moitas portas e ventás ante situacións como as que estamos a vivir polo Covid.  Polo demais pasamos a recomendar a adquisición do seguinte MATERIAL:

  • 1 mascarilla posta e 1 de recambio gardada nun sobre pequeno de broche ou similar,… dentro da mochila nun lugar localizable (ambas con identificación, podedes pórlle o nome por dentro).
  • 2 paquetes de folios de 500 (80gr) para impresora.
  •  1 axenda escolar.
  • 4 cadernos pequenos de grampa e pauta ancha (dúas liñas) (1 para Lengua e Lingua, 1 para Ciencias Sociais e Naturais, 1 para Inglés e 1 para Relixión católica).
  • 1 caderno pequeno de grampa e cadro grande (para Matemáticas).
  • 5 carpetas tamaño DIN A4 de broche tipo sobre e de plástico (para gardar as fichas de titoría, Música, Inglés, Relixión católica e Plástica).
  • 1 estoxo pequeno: e dentro 1 lapis (nº2), 1 goma, 1 afilalapis, 1 bolígrafo azul, 1 bolígrafo verde e 1 regra pequena.
  • 1 estoxo grande: e dentro rotuladores, ceras duras de cores (tamaño grande) e lapis de cores.
  • 1 tesoira e 2 barras de pegamento 40 gr.
  • 1 adhesivo especial Instant goma Eva, bloc de cartolinas, 3 cartolinas brancas DIN A4, 3 cartolinas negras DIN A4, 1 pincel escolar Jovi para Plástica. 
  • Roupa e calzado deportivo para Educación Física (martes e xoves) e paquete de toalliñas húmidas para o seu aseo persoal.
  • 3 cores de plastelina diferentes, das cores que prefirades.
  •  1 caixa de palillos (preferiblemente redondos).
  • 1 tupper no que collan o estoxo grande, as tesoiras, as 2 barras de pegamento, a plastelina e a caixa de palillos.
  • “Pequena merenda” para media mañá nun recipiente pechado e evitando enviar alimentos non saudables (bollería industrial, lambetadas, refrescos azucarados,…).
  • 1 cantimplora pequena que irá e virá na mochila con auga, zume,… (é preferible para coidar o medio ambiente a unha botella de plástico, podendo reutilizarse; pero se non é posible, pódese traer botella de plástico).
  • 1 gorra nos días de sol (para o patio exterior e así protexer a cabeza) e panos de papel só cando sexa necesario. 
  •  Os libros que aparecen publicados na web do colexio para 1º e 2º EP.
  • 1 mochila na que gardar o material.

IMPORTANTE: pórlle nome a TODO ó material e aproveitar o que sobrou do curso pasado sempre e cando se atope en bo estado. Tamén será preciso repor todo aquel material que se extravíe e/ou consuma.

Queridas familias

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...