martes, 10 de novembro de 2020

LINGUA: MÉRCORES, 11 DE NOVEMBRO DE 2020

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

E hoxe toca facer traballo relacionado coa escritura dunha letra que nos centraremos máis nela na semana que ven pero nesta xa podemos ir vendo. Trátase da letriña Q. Lembra que vimos o C e que pode ir con ca, co cu e logo q con que e qui. Podes ver o seguinte vídeo que está en cautelan pero pode axudarte a repasar xa que en ambas materias estamos co mesmo. E non te esquezas de facer a Q escrita no aire con e e i. Logo disto debes facer no libro de Xuntos-Lingua a páxina 71 e tamén a lectura da páxina 74 e responder ás preguntas.


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

E seguimos co estudo dos signos de interrogación e exclamación. Para elo teder que ver o seguinte vídeo e ler e sublinhar o recado que aparece na páxina 52 do libro untos-Lingua e logo realizar esta páxina de exercicios. Logo na libretiña de Lingua tes que inventar tres frases interrogativas empregando o signo de interrogación e outras tres exclamativas empregando o signo de exclamación (Exemplo de frase interrogativa: estás contando un chiste? exemplo de frase exclamativa: gústame o xeado!).



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...