xoves, 30 de xuño de 2022

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións. 

Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a todos/as e cada un de vós.

GRAZAS por este ano tan bonito. 

A mestra, 

Jennifer :)




Deixo por aquí tamén algún recordo dos desexos para o curso 2022-2023 e dos mellores momentos que gardamos en mensaxes nunha hucha durante todo o ano e que abrimos o derradeiro día de clase (se clicades na imaxe podedes ver vídeos do escrito e/ou debuxado).





FELICES VACACIÓNS E VERÁN!









 



luns, 10 de xaneiro de 2022

De volta ó 2º trimestre: debuxamos cal foi o noso mellor agasaio, momento máis divertido e mellor recordo.

Hoxe na aula, entre as diferentes actividades, estivemos a lembrar cal foi o mellor agasaio, o momento máis divertido e o mellor recordo deste período de descanso. Para quen non tivo a oportunidade de realizala, aquí deixo o enlace clicando directamente sobre a imaxe da ficha, para acceder ó material e así debuxar cada un destes instantes. Logo máis adiante, e segundo poda, haberá fotiños onde se visibilice o resultado como algunhas outras que teño pendentes. 

Polo demais agardo de corazón que este segundo trimestre esté cargado de bos momentos e moita enerxía para seguir aprendendo e desfrutando. Como sempre digo, un pracer estar na aula amarela cos vosos peques. 







sábado, 25 de decembro de 2021

Chegou a fin do 1º trimestre: decoración, postáis e coreografía de Nadal


Queridas familias:

Aquí tedes un pequeno resumo do que fixemos para pechar este 1º trimestre. 
Neste audiovisual podedes ver as bolas de Nadal con formas de mandalas que pintamos e plastificamos e tamén unha árbore navideña.



Neste outro está a coreografía e a canción de Rosana chamada "En Navidad" que tanto ensaiamos e cantamos. Aquí tedes o resultado.




E ademais, tamén aprendemos a enviar postáis de Nadal creadas por eles/as mesmos/as dende a aula amarela para sorprendervos nas vosas casas. Agardamos que así fose!

FELICES FESTAS!


sábado, 11 de decembro de 2021

Letra e música da canción de Rosana: "En Navidad"

 E esta semana ensaiaremos a toda velocidade e con máis forza a canción de Rosana chamada "En Navidad". Aquí vos queda o vídeo para escoitar a letra e interiorizar o ritmo da canción escollida para o festival.

venres, 12 de novembro de 2021

Magosto: aprendemos cal é a folla e o froito do castiñeiro!

A estación de outono vén da man tamén do Magosto. E aquí podedes ver o que fixemos para ese día. Ó longo da semana estivemos a falar desta bonita tradición e tamén de onde proceden as castañas.



luns, 8 de novembro de 2021

FOMENTO DA LECTURA EN GALEGO: ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA NENOS/AS DE 6-7 ANOS*

*Durante estes días atrás, algúns pais e nais me pedistes recomendacións de libros para o fomento da lectura en galego no fogar, así que decidín compartir con todas as familias da aula amarela o listado. 


É importante aclarar que cando decidades seleccionar algún, antes haberá que considerar o nivel de lectura de cada neno/a, sendo recomendable antes de mercalo  achegarse ás librarías e visualizalos co neno/a, atendendo ás características individuais (ritmo lector, recoñecemento de letras,…) , para así poder elixir o máis axeitado ás súas características propias, gustos e intereses. 


Agardo que vos sexa de utilidade!





Libros:

-Aguilar, L. Orellas de bolboreta. Kalandraka.

-Alejandro, R. A horta de Simón. Kalandraka.

-Merlán y Gómez, P. A troglodita. Triqueta verde. 

-Mejuto, E. A casa da mosca chosca. Kalandraka.

-González, O. Chibos chibóns. Kalandraka.

-Lorenzo, C. e Campos, J. Atlas de Galicia pequeniña. Aira. 

-Stewart, L. Na procura da illa do Tesouro. Triqueta verde.

-Doyle, M. O Castelo do Barallete. Vicens Vives.

-Bellón, T. E Sánchez, G. A vaca dixo mua. Santillana.

-Casalderrei, F., Cando a terra esqueceu xirar. El barco de vapor: sm xerme.

Cantini, B. Colección de libros de Mortiña. Hércules de ediciones.

-Costas, L. Colección de libros de Minimortos. Xerais.

 

Cómics:

-Laperla, A. Colección de Superpataca. Bang ediciones.

 

Poesía:

-Alonso, F. O meu gato é un poeta. Xerais. 



"O neno que non quería ser azul a nena que no quería ser rosa": Videoconto para o Día das bibliotecas_24O

E este ano, para o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, dende a aula amarela, estivemos durante varios días a traballar na lectura e comprensión do libro traducido a Lingua de "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa" de Patricia Fitti no cal se fala de estereotipos de xénero e da necesidade de dar cabida a ser un/ha mesmo/a máis aló destes. 
Neste audivisual podedes escoitas os audios e ver as ilustracións realizadas polo alumnado. 

Agardamos que vos guste!

Final de curso 2021-2022

Rematou o curso e con el un ano cheo de aprendizaxes, bos momentos e moitas emocións.  Tan só quería dicirvos que vou a botarmos de menos a ...